Avançar para o conteúdo principal

Así que pasen seis anos

Así que pasen seis anos
esqueceremos a auga.
Non haberá cabaliños azuis de vidro brillando nas fiestras
nin cancelas oxidadas
nin flores de pétalas amarelas
nin pontes entre os abismos.

A luz do sol será unha
lanterna estúpida
con papel-seda de cor verde escurecido
volvoreta de ás de coitelo
na garganta/para non
berrar
os nosos nomes
ca desesperación das baleas que agonizan.

Así que pasen seis anos
xa non saberemos
de nós /mágoa/

nin das follas
estradas nas carballeiras
como cadáveres ríxidos
entre os lenzos/sobre
o leito frío
/abandonados.

Así que pasen
perderemos o senso do Norte
a diagonal dos beixos
toda esa cinsa.

Non quedarán lugares seguros/para escondernos

deste medo e do escuro e da soidade

en ningures.

Nin sequera nos abrazos.

Porque os anos buscaránnos con avidez
para reclamarnos
as horas
que perdimos
intentando atopar

en ollos alleos
a resposta a nós mesmos fóra de nós.

Así que pasen seis anos
preguiza
e desterro

sempre.

Que camiño queda despois de todo isto, dimo ti
/se é que o sabes.


[De "Así que pasen seis anos" , poemario inédito, M.N.Soutelo]

Comentários

Anónimo disse…
Encántame o poemario inédito.

En seis anos, serás funcionaria e marcharás pola mañá a tomar café co resto de funcionarios...

Beijos doces
Unknown disse…
Espero ser algo máis que iso.
Por certo, descubrín que hai unha obra de Lorca titulada "Así que pasen cinco años".

Que cousas.

Beijo!
Cando sexas funcionaria non serás quén de escribir con tanta profundidade. Os funcionarios non sachan. Como moito...escampizan.

Beijo
prometeo disse…
así que pasen seis años "lunas y mares sin abrir. Quedan atrás...". En serio crees que no nos haremos las mismas preguntas sin respuestas? Que no nos seguiremos buscando en los ojos de otra gente? Seis años son muy pocos. Tal vez en el día del juicio. Tal vez tus seis años aludan a la bíblica fecha. Ya estoy yo intentando comprender a los puñeteros poetas. Mientras tanto, y en espera, seguiremos cuestionandonos.
Hermoso poema. Descarnado, pero hermoso.
Unknown disse…
Obrigadissima.

Aínda teño os teus cds na casa.
Cando teñas un anaco, quedamos para tomarlle algo.

Constrúe moito.

Beijo.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.