Avançar para o conteúdo principal

Frustrante espera

Un nunca sabe.

Dende que levo buscando emprego, non sei cantas horas puiden deixar á frustración, e sinceramente, prefiro non contalas, porque me deprimiría de plano.

Ademáis, parece que canto máis te formas, menos apetecible es para as empresas.

Que lle imos facer.
Algunha cousiña sairá, só hai que ser perseverante e ter paciencia.

Supoño que esas dúas cualidades forman parte do proceso de madurar.


Alomenos, mañá teño unha entrevista na Radio Galega polo tema da exposición, a iso das 17:30h, no espazo "O tren do serán" (ou algo fonéticamente parecido...).

De aquí al estrellato... (vaia consolo estúpido para a miña vanidade...). Pero nalgo haberá que entreterse, digo eu.

Comentários

Acenderemos o Arradio logho para escoitar como te expresas.

E non desesperes co do curro. A cousa ten o seu intríngulis. Aparecerá.

Bicos estivais
Unknown disse…
Grazas, Buenafuente ;)

A ver que sae.

Beijos refrescantes :)
Anónimo disse…
Espero acordarme....

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!