Avançar para o conteúdo principal

Espere... trabajando...

Quen ía dicir que completaría a miña formación cun curso de camareira de piso. Pois si. E aquí sigo. Viva!

O que non teño é a cabeza para moita poesía, só cando me deito e fico durmida.

Pero prefiro este corpo canso.
Este corpo núo extenuado deitado na cama, cuberto cos lenzos como se estivese morto, pero que alenta maino.

Amado corpo.

Comentários

Anónimo disse…
Sairá ben
É unha mágoa ser de tan perto de Santiago, xa que así non teño excusa para alugar unha habitación e observar a tua destreza laboral!

Beijos
Unknown disse…
Bah!O uniforme éche ben feo; ademáis, rematei hoxe os días de prácticas, agora quédame esperar a que me chamen para traballar...

Iso espero, a verdade gostei moito da experiencia.

Moi bo ambiente de traballo. E o edificio, fermosísimo!

Vémonos... axiña?

Beijos
d´Agolada disse…
Bueno, pois ogallá atopes curro canto antes. Bicos
Paz Zeltia disse…
dille ó Chousa que, normalmente, o cliente sae do cuarto mentras a camarera traballa... a lo menos nas semanas que eu fixen ese traballo era así... de propina deixaban botellas de wiski baleiras entre as sabas...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.