Avançar para o conteúdo principal

Día Mundial das Cancións Chungas

Declaro hoxe, día 4 de Xuño, como Día Mundial das Cancións que me fan Chorar.

A cor para el non é o laranxa, sol radiante, como soe ser.
Hoxe quédome co azul prusia.

E cos paquetes de panos para limpa-los mocos (sempre é mellor que lambelos ca língua) e das comisuras polas que se filtran solermiñas as bágoas salgadas, pena que se retroalimenta. Terrible desequilibrio que me morde as éngoas con violencia homicida.

É o día do cambio definitivo.

Xa nada, N A D A , resulta o mesmo.



Hoxe sonan.- Besaré el suelo e Lo eres todo, de Luz Casal

Comentários

Anónimo disse…
Eu sonche máis de chorar con Jacques Brel e con algunha canción italiana, aínda que son as que máis me gustan.

Nos últimos días, choro bastante con cancións dos piratas..(cousas sentimentais)

Ánimos princesa das cancións
Unknown disse…
Promesas que no valen nada...
Cuspedepita disse…
Marioliña, eu pronunciei algunhas veces esas mesmas palabras con moita dor e aínda estou en proceso de aprender a separar, con respecto á xente, a palla do gran.
Despois dun día ven outro día, como ben dis, e hai moita xente polo mundo. Moita, moita, moita...
Unknown disse…
Non é a palla do gran...

É separar a uña da carne. É abrir o peito e apretar con xenreira o corazón, arricarse os ollos que xa non vén a luz que os alimenta de ledicia.

É vivir cega e xorda nun mundo que hoxe se me volve hostil.

Pero sigo camiñando.

Grazas!
Cuspedepita disse…
Co da palla e o gran referíame á xente. Os que pagan a pena e os que non.
Percibo a intensidade do que sentes.
O mundo non cambia. Somos nós que o sentimos doutra maneira.
Tamén está en nós a forza de deixar que as feridas restañen, e fagan carpola para que debaixo medre unha pel nova.
Creo que tes menciñas moi boas para iso: escribe. Xa saberás, imaxino, que a infelicidade é moito máis productiva para os poetas que a felicidade.
Unknown disse…
Non sempre é productiva, alomenos en mín. En min arrasa, destrúe, esgaza.

Non creo da infelicidade.
Non.

Hai tempo que decidín que a infelicidade non é o estado propicio para facer cousas.

Agora teño que traballar para reconstruir.
Arrasar cos últimos cascallos e comezar a modelarme de novo. Pobre corazón sen sutura posible.
Cuspedepita disse…
Si,iso é o que tes que facer :-))
Moi sabias as túas palabras.
Unknown disse…
É o que tén deixarse a alma en cada beijo.

Un aprende das tormentas, dos seus furacáns interiores.

Sabe que hai que facer cando pasan.

Graciñas polas túas palabras.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.