Avançar para o conteúdo principal

Wonderwall

Un mira o telexornal ou a prensa e non sae dun desastre para cair noutro.
Que sei eu.

...Só queda a música e a poesía.

O teu sorriso franco, como unha corrente fresca, como un manancial vivo que corre polo meu peito cando te escoito e te miro.

E os bares.
E as boas conversas.
Os recitais, os concertos ao aire libre.
Os días de néboa.
Os días de chuvia na cama.
Os sol nas pernas e a area escorregando entre os dedos.


Quizais sexa iso o único que poida salvarme.
Ou quizais sexas , aínda que ningún dos dous o saibamos.


Hoxe sona.- Wonderwall, Oasis

Comentários

Sei que nos relatana (demasiadas) malas noticias; pero e que vai resultar que a infinidade de cousas boas que acontecen non son "noticia".
O noticiable non é que un can morda a un rapaz; se non que o rapaz morda ó can...

E si, a música e a poesía sempre resultarán agradables de saborear; ainda que xamais sexa noticia...

Saúdos pois
Unknown disse…
Mellor aínda se saborea un sorriso roubado e un beijo que revoa nos nosos ollos.

Uns versos.
Un suspiro mentres (el) recita.

Beijosmil

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!