Avançar para o conteúdo principal

O útero que comeza a madurar

Parece que por fin, polas últimas novas que recibín hoxe mesmo, o meu útero está preparado e a miña vaxina dilatándose xa o suficiente como para prever que o Código Poético vai nacer en breve (espero que antes do verán).

Que todo vaia ben. Que o meu primeiro parto sirva para achegarme a mín mesma, espirme de todas as ideas preconcebidas que creei en todos estes anos.

Que o primeiro parto traia luz e felicidade.

Comentários

d´Agolada disse…
Que o parto che vaia ben Un sáudo
Angel Utrera disse…
Alegrome moito por ti,
E unha experiencia unica, irrepetible, -dolorosa e maravillosa, que dura toda a vida.
Como din un bo amigo meu:
os nenos de pequenos estan para comerselos, e de maiores un pensa, que comoteu un erro por non terlo feito, cando foi momento...
En serio noraboa,
Unknown disse…
Creo que son demasiado metafórica :)

Falo do poemario primeiro meu que vai ser publicado. É case un parto, quizais algo menos dooroso (sen dúbida menos dooroso) e algo menos feliz, pero si pido luz, forza e pureza para mín e para que o lea.

Pido renacer a través das súas follas, de cada verso.

Pido que chegue a vós coa ilusión do cativo que xoga a imaxinar contos coas formas das nubes, coa doce fortaleza da roseira fragante, coa lixeira cadencia do voo dos paporroibos.

Pido que sigan agromando no meu ventre morno, criaturas, para dalos ao mundo como ofrenda perenne.

Graciñas polas noraboas.
Eu estou seguro de que xa lle tes padriño á criatura, se non...conta comigo!

Un bico de comadrón
Unknown disse…
Estarei encantada de que sexas o "madriño" do meu libro :D

Beijos mil
prometeo disse…
Siento que regreso de Agolada con auténtico tesoro en mis manos. Vete pensando una buena dedicatoria, que sin ella, mi tesoro, está un poco huérfano.
Gracias por todo
Cuspedepita disse…
Marioliña, acórdate de min, que che prestei o paraugas, e cando naza o "pícaro" avisa, que morro de gañas de coñecelo ;-)
En serio, avisa, que xa tes unha lectora máis :-)
Gústame moito a poesía e seguro que, polo que vexo por aquí, paga a pena ler o teu poemario.
Foi un pracer coñecerte.
Biquiños
Unknown disse…
Hei! O primeiro, grazas polo paraugas. Foi abrilo e deixar de chover. Vivan os paraugas tornachoiva para as camiñatas :D

Heivos manter informados e informadas. Gostaría de que todos e todas apadriñasedes o meu picariño de sorriso morno.

:)

Igualmente, foi un pracer inmenso poder poñer faciana e sobre todo ollada a cada un dos blogues.

Un beijo!!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!