Avançar para o conteúdo principal

Descanso

Quizais me tome un tempo con respecto ao blogue.
Deixareino descansar. Mentres, suturareime o peito fendido e os beizos (maldito vento do Norte).

Seguirei facéndovos visitas e dándovos a castaña.


Saúdos

PS.- Hoxe cúmprense 12 anos desque comecei a escribir poemas.
Sona.-Adagio para cordas, op.11, Samuel Barber


Cando todo se confunde

o día e a sombra
o orgüio e o silencio
o arrepentimento e a sinxeleza da vida
a tristura e a euforia

todo o que sucede
arredor
e
dentro

Cando todo se confunde

todas
/as persoas que moran
ilegalmente en min

a músico, a poeta, a nai sen fillos,
a raíña déspota
a nena indefensa
a depresiva e a distímica e a paranoica
a ninfómana comedida/a virxe
sen pudor

a analfabeta
a altiva/a humilde

a que odia e a que ama no mesmo intre

ata o infinito

colisionan
e
curiosamente

todas choran polos
mesmos dous ollos/manancial fresco
e berran pola mesma boca
retorcéndose as mesmas mans
encerellando eiruga o corpo triste nunha manta.

Quizais porque todas
as pezas
forman parte dun mesmo conxunto que só se distingue nítidamente véndoo dende dentro.
Dun mesmo discurso coherente e completo
de cando en cando.

Son as partes desunidas sen sutura
para sempre xa
dun mesmo corazón.

Comentários

d´Agolada disse…
Pois descansa que seguro que che a vir ben, de cando en cando é moi importante tomarnos un descanso aínda que sexa dalgo tan gratificante como escribir un blogue. E podes vir darme a castaña cando queiras jeje. Por certo, enterácheste da quedada que andamos a organizar, pásate polo meu blogue que proximamente vou publicar algo sobre ela e infórmaste. Xao. Bicos
Anónimo disse…
Felicidades por esos 12 anos.

Eu tamén tomareime unha diapausa blogueira...

Bicos
Alberto Ramos disse…
Felicidades (por el cumpleaños y por el poema). :-)
Unknown disse…
Graciñas a todos.

Graciñas pola visita despois de tanto tempo, Al (encántame o teu blogue!).


Un saúdo grande e agarimoso!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.