Avançar para o conteúdo principal

Sé cariñoso comigo

Senon terás que pagar a miña doute en rosas, dixo.

El mirouna con certa incredulidade. Como?

Dígocho moi en serio. Demóstrame que me amas ou terás que pagar todo este tempo que perdín queréndote en rosas.

Suspirou fondo, ela era moi súa cando quería, e cando non tamén.
Pero chegou un sobre do xulgado.

Non era un comentario cotián, destes que se din e se esquecen.
Era unha sentencia firme do tribunal.

Comentários

Anónimo disse…
Hai que ser cariñoso sempre, xa que no cariño reside a nosa capacidade de ser persoas.

Gústame o teu novo deseño :)

Moitas veces quero seguir a vida, pero hai veces que non son capacitado :)

Beijos beijos doces coma rosas :)
Para pagar a doute dunha muller en rosas...ainda non hai roseiras no mundo que abonden. E mira que eu teño eh.

Bicos entre pétalos
Unknown disse…
Hai veces en que as mulleres nos conformamos só coa intención ou cunha soa.

Coida moito as túas roseiras, como o principiño de Exupèry.

Beijos.
Tamaño Oficio disse…
¿Si encuentro una "x", por ejemplo:

"dixo" o "xulgado", cómo puedo pronunciarla; qué letra sería su homófona en castellano suraméricano?

No conocía a Callas, ahora si.
Unknown disse…
Hola Dámaso, la pronunciación de la "X" en galego es muy parecida a la inglesa "SH" como por ejemplo en "shoe". Para "dixo" o "xulgado" como me preguntas sería así.

En cambio, tambien puedes encontrarte con que "X" se pronuncie como en castellano como "KS" como en "examen" (dios, que lío...) Menos mal que estudié Historia...

Más o menos, es la referencia que puedo darte.

:)

Gracias por preguntar. Espero haberte sido útil. O algo... :)

Besos
Tamaño Oficio disse…
Muchas gracias, buena asesoría lingúistica.
Espero nunca se me olvide.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.