Avançar para o conteúdo principal
A quen lle apetece chorar comigo?

É que levo un bo anaco da tarde vendo, por casualidade, na canle TCM "A Lista de Schindler" e pásome todo o tempo que dura chorando (e vaia se é longo o filme...).

Eu poño a tele e o DVD, Perlman a BSO, e quen queira acompañarme que traia os panos da man.

Comentários

E que chego tarde e seguramente xa secaches as bágoas (así e todo; é tan mala a BSO?).
Outro día que chores, avísame antes que te vou buscar e imos tomar un jouxado de calquera cousa para enxagoar tristuras, vale?
Unknown disse…
Xa se me secaron os lagrimóns, si, pero

A BSO é MALA??????

Joer, como veñas a buscarme douche unha tunda por dicir iso que o que acaba chorando seguro que es ti.

Madredediosbendito!!! Dicir iso de Perlman...

Descastado.

:D

Saúdos
d´Agolada disse…
Non tiven o gusto de ver esa peli, de todas maneiras soame. Non irá sobre os campos de concentración da 2º Gerra Mundial? Sáudos
Unknown disse…
David, anímote a formarte máis alá dos libros de texto :)
Hai un mundo sorprendente esperando por tí.

Algo oíches de Schindler, si. Agora investiga.

Saúdos
d´Agolada disse…
Xa estiven investigando e parece que acertara da outra vez. Todos debreríamos ser como Schindler, mira que contratar a 1100 xudíos en tempos da 2º guerra mundial para evitar que os levasen ós campos de concentración. A próxima vez que a dean na tele heina ver. Saúdos.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!