Avançar para o conteúdo principal
Que ás veces a noite arde

na cidade vacía

homes e mulleres
levan prendidas muxicas
na roupa
e nos pés e nas éngoas

desa cinsa que cae
sonámbula e
cobre todo

na noite que se consume
/cidade crematorio
en carne viva.



[De "O Camiño dos Caracois", poemario inédito, N. Soutelo]

Comentários

d´Agolada disse…
Bonito poema. Acábote de engadir á lista de enlaces da miña páxina, xa sabes que podes vir cando queirasñ. Bicos
Unknown disse…
Obrigadisima, David!

Un saúdo
Reflexiona ben e bota ben o voto!

Bicos electorais
Unknown disse…
Grazas Chousa!

Teñamos sentidiño...( a mín tócame ir de suplente do 2º vogal este ano)

Un día destes cóntoche o meu parecer sobre a política.

Un beijo reflexivo

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!