Avançar para o conteúdo principal

Mulleres

Mentres en occidente nos acomodamos en principios vacíos e estúpidos, nos cánones de beleza antinaturais, en oriente loitan para reivindicar a parcela que nos corresponde como mulleres e máis, como persoas libres.

Así, nin dictadores, nin ayatolás nin quen se poña por diante van poder coa nosa vontade e a nosa forza.

Nunca.

Porque aínda que as bicicletas sexan para o verán e os pantalóns ás veces abotoen como se fosen de home, temos que poder elexir. E así con tantas outras cousas.

Non temos pensado calar.

Comentários

Markesa Merteuil disse…
Nunca o silencio pode ser a clave da subsistencia. Pero... ¿cantas veces nos repiten aquelo de que as mulleres de agora non aguantamos nada? ¿E por que hai que aguantar, digo eu? Aló, no oriente, a loita está moi lonxe da de acá, pero eso non quere dicir que acá non precisemos seguir loitando por chegar ás conciencias. Bicos.
Veca disse…
Hola, son Veca do Blog-Xuntanza. Enlazote agora mesmo.
Gustoume o teu blog.
Unknown disse…
Grazas pola visita!

Dende logo, o silencio de Occidente respecto a moitas violacións son intolerables, inmorais e fóra de toda ética.

Espero que aínda saibamos berrar.
Aínda que o dubido.

Saúdos e beijos a ambas!
Non me cabe nin a máis pequecha dúbida de que sí sabedes berrar. Cada logro conseguido foi por mór (ademáis da razón de ser e do ser da propia razón)dos vosos berros dados nos foros axeitados.
O dos cánones de beleza...xa é outro cantar; ou polo menos imos ter que cambiar de pentagrama.

Apuntádeme ao voso movemento. Eu vou con vos!
Unknown disse…
Eu xa procuro cambiar de partitura, xa non só de pentagrama. Vergonzosos e antinaturais cánones enfermizos.

Pode ser que teñamos as mulleres un sentido para saber non malgastar os folgos berrando sen motivo, de aí que sexan axeitados.


Beijos e grazas polo apoio. Cantas máis voces, maior o berro.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.