Avançar para o conteúdo principal

Día da Muller -- 8 de Marzal

Dentro de cinco días celébrase o Día da Muller.

Penso que non hai días do neno nin da fame nin da muller, nin do pai nin da nai, nin do SIDA, nin da violencia de xénero: són tódolos días do ano. Pero convén recordarmos un día concreto no calendario para decatarnos de cantas cousas se fan mal, pobres seres desmemoriados.

Por iso en todas partes se celebran diferentes actos e actividades, neste caso, reivindicando a posición social e a situación da muller en tódalas esferas, en tódolos países, en tódalas circunstancias, reximes e relixións.

É o día de celebrar as victorias acadadas, de fixar novas metas, de manter as posicións sen dar pasos atrás, de apretar as ringleiras e os dentes, de renovar os votos ca nosa feminidade.

Recordemos que un día só non basta.

Os actos en A Coruña serán estos
En Compostela, aínda non me enterei de nada, estráñame...

En fin.


A banda sonora de hoxe.- Píntate los labios, María, de Eliades Ochoa

Comentários

Pois moi seguramente non poida asistir aos actos do "Día da Muller" na Coruña nin tampouco en Santiago; pero -dende aqui- solidarízome comprometidamente con vos. Nos moitos logros acadados e nas metas que ainda quedan.

Un beijo solidario

(Ancheaches as caderas...do blog. Case me perdo nelas)
Unknown disse…
Para iso son as cadeiras, para perderse nelas. Agora son case como as miñas :)

É para pedir pola fertilidade (das ideas e de min propia).

Grazas por adherirte ao sentimento e ao día 8 de Marzal.

Beijos comprometidos

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.