O Sol vaise e vén todos os días.
Non sempre vai ser noite.
Canto máis o penso, máis cousas se me ocorren para escribir. Agora vou xa rematando o poemario dos caracois, como eu lle chamo, e comezo un pequeno proxecto de algo ou de nada, nunca se sabe como acabará a escrita. Quero pensar que pode darselle a forma que imaxino e que pode chegar a algo interesante, alomenos para mín, que serei súa nai.
Estes fillos que eu teño son ben raros os pobres. Son fillos efímeros.
Fillos de néboa.
Pero tan reais...
Por iso digo que por sorte o Sol sae todos os días.

Comentários
Por que dis que son efímeros?
Considéraste néboa?
Jejej, é broma¡¡
Un saúdo¡¡¡
Non son néboa. Coñeces unha canción de Amparanoia que se chama "Somos Viento"??
Mira se está en youtube. (recoméndocha porque é bonita, eh? )
Por certo, esperaba comentarios dun nivel máis alto pola túa parte, por cierto. :D :D
(coña...)
A coidarse e a ser felices.