Avançar para o conteúdo principal

Nacionalisocialismo e outras parvadas históricas

Non sei se lestes os ´catro últimos comentarios do post anterior. A cousa vén doutro blogue "El maravilloso mundo de la cacharrología", no que o Capitán Mekemeke e eu tivemos unha clara diverxencia de opinións en canto aos lectores de El País e en canto á capacidade do susodito capitán de lerse o ABC ou non, vaia.
Como vedes, a cousa non funcionou demasiado ben, as idioteces dese tipo me parecen escandalosas a estas alturas da nosa xoven pero callada democracia, todos temos dereito a opinar, que cousas. Depende de como teña un de agriado o carácter.

O mellor de todo o intercambio de ofensas verbais de ton máis suave a outro máis agresivo foi o cumio na descrición do Cptan. sobre min como "intelectual subvencionofaga", mafiosa e nacional-socialista. Parece ser que nos coñecemos muito, ata doutra vida, aquela na que morremos xuntos no búnker en Berlín polo ano 1945. Vaia.

Non deixo de sorprenderme coa iNET.

Non deixo de sorprenderme.

Comentários

Jorge¡¡¡ disse…
Yo sí te conozco, Nieves¡¡¡¡
Pois ogallá que a tua capacidade de sorpresa non merme; nin na iNET nin na iVIDA.

(Se baixades os sables douche un bico; se non...tamén!!)
Unknown disse…
É que, capitán, así vestido de superheróe non me ubico.

Estudante de Historia, que le a Sanchez Dragó...

Estou pampa.

Propoño o que nos dí Chousa, Baixar os sables, saudarnos como bos cidadáns e como colegas de profesión e comezar a conversa de novo.

Un nacionalsocialista non faría nada parecido. :D

Un saúdo, por se te pasas.
Jorge¡¡¡ disse…
Vaaaaaaaaaaaaale, haxa paz¡¡¡

I eu non uso sable, ¡¡que antigos¡¡, senon espada láser¡¡¡

Talogo¡¡¡
Unknown disse…
Vale, aceptamos espada láser como instrumento de escritura.

Pois xa me dirás de que coñezo eu a un superheroe (Mariola raña a choliña con cara de abraio...).

Non serás Peter Parker?


Aburiño...

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.