Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
Beijos
Ortega antes non me gustaba, pero últimamente, faime bastante graza as súas historias.
Encantoume unha que fixo onte, pola nena de Rajoy.
Ía o ano 2030 e encontraba a famosa nena, a cal cumpría con todo o que decía Rajoy, pero tiña una dúbida existencial en que facer, xa que era lesbiana e se quería casar xD
Bicos
Levas razón, Raúl, a mín gústame bastante máis na radio, pero non me digas que con esas azafatas...
Chousa, parece mentira! Como sodes a xente práctica. En fin. :D (beijos).
O da nena de Rajoy é boísimo, André. A guinda do da prometida é a caña.
Grazas por pasarvos.
Un beijo multiplicado
Tén un toque gore, quizais.
Pero se me poñen a escoller, quédome con Les Luthiers, que grandes!
Beijos!