Avançar para o conteúdo principal
Hoxe estou cansa. O meu amante non me dá tregua.

Dóenme os dedos, a mandíbula, o pescozo, o orgüio magoado.
Teño que ser máis esixinte.
Máis eficiente.
Máis responsable.
Máis.







Creo que xa é hora de exprimirme, poñer a cacholiña a traballar, o corpo a traballar, o traballo a traballar.


Senon, a vida sen ir ao extremo (das forzas, das capacidades innatas e adquiridas, da sensibilidade, do amor...) non merece a pena á miña idade, ou?

Comentários

Tampouco te vaias herniar, que o planeta éste vai seguir rotando ainda que ti sudes máis ou menos. Fai so aquelo que consideres i estimes (e precises)
E a vida á tua idade (e tamén á miña), tanto no estremo como no medio e medio, sempre merece a pena.

Bicos melodiosos
Unknown disse…
Graciñas polo consello.
Herniarme, non, pero teño as cóstas como un campo de minas de tanta contractura. Toques onde toques, salta un tendón. :)

Procurarei subir o nivel pero non queimarme.

Por certo, en Antas lindando con Dozón (??) hai uns castros xemelgos IMPRESIONANTES (noutra vida fun arqueóloga... a iso dos 21 anos). A ver se recordo a rota e vou de visita outra vez, porque a vista dende eles é marabillosa!

Un beijo arrítmico
Jorge¡¡¡ disse…
JAJAJAJAJAJAJA¡¡¡

Era evidente quen era..., se che falo a través do blog da miña irmá¡¡¡

E que a xente entra a tódolos trapos que lle poñen diante¡¡¡

E Jiménez xa é proba superada. Foi ben sinxelo, por certo..., e ata me gustaron as suas clases...¡¡¡

Taloguiño¡¡¡

(i... EN GUARDIA¡¡¡¡)
Unknown disse…
Diosssssssssss!!!
Imos ter máis cousas encomún das que pensaba!!
Eu ADORO a Jiménez (fun a única persoa que lle dixo que a suspendera, que quería aprobar o exame sen compensacións das prácticas nin nada diso... son unha lenda viva...).

Sigo tendo relación extraacadémica con el. É un tipo interesante.

Entón, cóidate dos de Moderna, que son uns chulos e uns mafiosos (eses si que si...)

Saúdos, Mekemeke...
Anónimo disse…
Intente traballar, aínda que con sentidiño e con forza...

Eu non houbera renunciado a un amor como o que dis, aínda que se estivera no caso, o certo é que non sabería o que faría...

Bicos
paideleo disse…
Supoño que practicando chega un lonxe pero non é o único que hai no mundo.
Eu penso que hai que facer unha cousa que guste e que cando o pracer pasa a ser dor hai que esquecer esa cousa.
Unknown disse…
Pero hai momentos e cousas na vida, que por máis que saibamos que nos producen dor, nos prometen unha satisfacción, aínda que non sexa inmediata, a base de traballar duro.

E niso é no que ando.
Non hai pracer sen dor.
Dí unha peza do Cancionero de Palacio do XVI (se non recordo mal):

No hay amor sin pena/pena sin dolor/ni dolor tan agudo/ como el del amor.

E o meu amante ( o da foto) é tan adorable e tan esixinte... Non o cambio por outro. Xamáis.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.