Hoxe estou cansa. O meu amante non me dá tregua.
Dóenme os dedos, a mandíbula, o pescozo, o orgüio magoado.
Teño que ser máis esixinte.
Máis eficiente.
Máis responsable.
Máis.

Creo que xa é hora de exprimirme, poñer a cacholiña a traballar, o corpo a traballar, o traballo a traballar.
Senon, a vida sen ir ao extremo (das forzas, das capacidades innatas e adquiridas, da sensibilidade, do amor...) non merece a pena á miña idade, ou?
Dóenme os dedos, a mandíbula, o pescozo, o orgüio magoado.
Teño que ser máis esixinte.
Máis eficiente.
Máis responsable.
Máis.

Creo que xa é hora de exprimirme, poñer a cacholiña a traballar, o corpo a traballar, o traballo a traballar.
Senon, a vida sen ir ao extremo (das forzas, das capacidades innatas e adquiridas, da sensibilidade, do amor...) non merece a pena á miña idade, ou?
Comentários
E a vida á tua idade (e tamén á miña), tanto no estremo como no medio e medio, sempre merece a pena.
Bicos melodiosos
Herniarme, non, pero teño as cóstas como un campo de minas de tanta contractura. Toques onde toques, salta un tendón. :)
Procurarei subir o nivel pero non queimarme.
Por certo, en Antas lindando con Dozón (??) hai uns castros xemelgos IMPRESIONANTES (noutra vida fun arqueóloga... a iso dos 21 anos). A ver se recordo a rota e vou de visita outra vez, porque a vista dende eles é marabillosa!
Un beijo arrítmico
Era evidente quen era..., se che falo a través do blog da miña irmá¡¡¡
E que a xente entra a tódolos trapos que lle poñen diante¡¡¡
E Jiménez xa é proba superada. Foi ben sinxelo, por certo..., e ata me gustaron as suas clases...¡¡¡
Taloguiño¡¡¡
(i... EN GUARDIA¡¡¡¡)
Imos ter máis cousas encomún das que pensaba!!
Eu ADORO a Jiménez (fun a única persoa que lle dixo que a suspendera, que quería aprobar o exame sen compensacións das prácticas nin nada diso... son unha lenda viva...).
Sigo tendo relación extraacadémica con el. É un tipo interesante.
Entón, cóidate dos de Moderna, que son uns chulos e uns mafiosos (eses si que si...)
Saúdos, Mekemeke...
Eu non houbera renunciado a un amor como o que dis, aínda que se estivera no caso, o certo é que non sabería o que faría...
Bicos
Eu penso que hai que facer unha cousa que guste e que cando o pracer pasa a ser dor hai que esquecer esa cousa.
E niso é no que ando.
Non hai pracer sen dor.
Dí unha peza do Cancionero de Palacio do XVI (se non recordo mal):
No hay amor sin pena/pena sin dolor/ni dolor tan agudo/ como el del amor.
E o meu amante ( o da foto) é tan adorable e tan esixinte... Non o cambio por outro. Xamáis.