Avançar para o conteúdo principal

Arriba - abaixo

Día regular.

Non teño ganas de nada, estoy de bajona como dín no Retrospecter de La Hora Chanante.
Viva a montaña rusa.

Mañá tocará de novo arriba.
Alomenos aínda me queda algo de mala leche e sentido do humor (negro).

Comentários

Pois tenta nivelarte un chisco, que tanta adrenalina incontrolada pode carrexar patoloxías.
Ter mala leche e sentido do humor (non importa o compoñente cromático) é un atenuante a tanta subida/baixada. Cando menos manten eses dous niveis.

Son 150 euros e pide cita para volver en menos de 15 días

Biquiños ascendentes
Unknown disse…
mentres quede algo de sentido do humor, non hai problema.

Animate e para arriba.

un bico
Unknown disse…
En primeiro lugar: grazas polos post.

En segundo: non fagades moito caso, son unha mixiricas. Como non soio estar mal, á mínima xa me poño que da pena verme.

Chousa, como che pago a consulta, por PayPal?

Mueja, grazas pola visita.

Un saúdo grande!!
Jorge¡¡¡ disse…
Que queremos ver ese prodixioso trebo..¡¡¡


Jajaja¡¡¡


Hai que animarse mulleriña...., veña¡¡¡
d´Agolada disse…
moi boa entrada-. visita www.dagolada.blogspot.com

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.