Avançar para o conteúdo principal

Vodas e outras formas de mendicidade

Eu xa non entendo nada.

A xente casa sen crer no matrimonio.
O importante é facer caixa.
Pero cun sentido do boato e da estética moi traballado, por favor, non é o mesmo pedir coa roupa remendada que cun traxe de Florentino ( moi ben feitos e moi lindos, por certo).

Creo que a partir de hoxe, mentres tome o meu litro de rooibos, vou ir esquecendo os meus valores, a Bolsa e a Economía trastabillan, de pouco vale ter un pouquecho de ética. Non renda.

Que erga a man quen aínda cre que os casamentos hoxendía non serven senon para montarse un "pisito".

Comentários

Vexo que che tocou esta fin de semana!!!.Ti apunta ás que vas para cando ti materialices a tua perda ética total. Xa sabes: ollo por ollo.(Neste senso debes tomar o desembolso como un préstamo. O prazo -longo, medio ou curto- fíxalo ti e os intereses determínaos o mercado).

Biquiños (bursátiles)
A Conxurada disse…
Eu ergo a man, e apunto que tamén teñen beneficios fiscais.
Unknown disse…
Non tiven voda o finde, pero este ano vou servida de idem, de comunións e de paxaradas varias.

Xa vedes como anda a cousa.

Teño a bile na punta da língua.

Grazas por contarme o dos beneficios fiscais, Conxurada. Así xa se me quitan ata as ganas de comer hoxe.

Apertas e bicos e un mozo de Mazaricos. :D

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!