Avançar para o conteúdo principal

Sorpresa!

Onte unha boa amiga regaloume un libro de M. Benedetti, "Defensa propia: 60 poemas y 85 bagatelas".

Non esperaba o agasallo, de aí a sorpresa, e non esperaba que atinara tan ben co poeta, o que fixo que a sorpresa pasase á completa estupefación e a unha sorte de éxtase que imprimiu un sorriso infinito na miña faciana e a necesidade urxente de darlle mil veces as grazas, grazas, grazas, graciñas...
Non soio ser moi expresiva, nin moi efusiva. Só cando atopan o meu punto F (da felicidade), sinto como o sangue se volve rebulideiro e explota dentro das miñas veas.

Comentários

Pois mira ti, quen ía dicir que non eras expresiva/efusiva. Dende logo coa semántica amosas o contrapunto
(e tamén é un xeito de efusiva expresividade).

Bicos con no punto (F)
Unknown disse…
Creo que desta vólta fáltalle algo ós bicos (dígoo pola prepo que non acompaña nada :) )

Como se dí, "A procesión vai por dentro".

E eu son unha pura Semana Santa todos os días.

Beijos "sen" para non engordar.
paideleo disse…
Entendo a túa ledicia.
Pasoume o mesmo cando recibín un agasallo inesperado.
http://leoeosseus.blogspot.com/2007/11/as-crnicas-de-gidil.html
Pois vai ser que sigo a ter eu o problema coas preposicións. Verás: cando era neno tiña dificultades para distinguir preposición de proposición...

Tamén pode deberse a que quixen enfatizar demasiado o PUNTO...

En todo caso...bicos "sobre" bicos

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!