Avançar para o conteúdo principal

Nos sobran los motivos

Cando se nos dá por escribir, o principal é ter ALGO sobre o que escribir. Hai días nos que un se sinte tan cómodo consigo que nada lle molesta o suficiente como para ter que pórse a escribir como un demente (confeso a miña neurose creativa), e prefire relaxarse nese sentir engruñadiña no sofá vendo as nubes ou cantar ou estudar algunha que outra peza de Bártok (iso é para cabrearse de verdade: o violino é un instrumento cruel).

Supoño que é un pensamento egoísta (son egoísta, confésoo), porque cando estou ben, quero ese benestar só para min, non para as palabras.

De todas formas, hai outro xeito de compensar ese egoísmo terrible: un par de poemas posteados.


Espero que compensen a miña ledicia nestes días (supoño que será a chuvia...).

Comentários

Agradécese o esforzo de erguerse do engruñamento do sofá para agasallarnos o resultado dun día no que non estabas tan cómoda...

Beijo(s)

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!