Avançar para o conteúdo principal

De "Código Poético"

Escoller, entre os máis familiares,
un aroma
propio de ti.


Seguir o seu rastro

Entre as nubes

polas rúas

no interior húmido dos ollos
das pontes con río


a través dos reflexos de luz nas pingueiras
de chuvia
nas ventás da nosa casa


camiñando polas liñas da miña memoria

na curva endurmiñada dos meus peitos
e nesta suavidade case sempre
íntima das miñas coxas.


E así,
trazar as lúas
na túa fronte


e perfumar en ti
estas mans
miñas
brancas.



[De "Código Poético", poemario pendente de publicación, N.Soutelo]

Comentários

Chispita disse…
Me gusta el poema. Cuando publiques regala una copia jeje
Unknown disse…
A ver como resulta o da publicación, que loucura! Este mes empezamos co traballo ca editorial e todo o merengue. ESPERO que me dean algunhas copias para mín, senon van a ter que enfrontarse AL PODER DE GREYSKULL!!!!!!

Beijos con chispa :)
Sempre quedará o recurso de mercar ¿ou?
Unknown disse…
Tamén... Aínda non o pensara... :D
Como os cartiños non van ser para min, non lle vía utilidade a eso de mercar o poemario, en fin, cousa de poeta principiante.

Espero que che gustara tamén este, porque vai dentro do "Código".

Beijos como moreas de azucre
Úrsula disse…
Pois si que me chegou o poema, ademais acabei antonte de ler O perfume e estou sensibilizada con isto dos cheiros
Unknown disse…
Süskind sorpréndenos catívanos con "Das Parfum". Cada olor faise máis intenso, cada aroma fainos remover as pezas da memoria, vólvenos obsesivos ata o límite.

Agradezo o teu comentario, Úrsula.

Saúdos desta aprendiz de Grenouille ( que crimes terribles serei capaz de cometer...).