Avançar para o conteúdo principal

Felpudos

Non creades que esta entrada vai de triangulacións púbicas , senon desas pezas de fibra de coco ou de esparto ou artificiais que adornan as nosas pórtas.

Cando baixei hai un intre a recoller o correo, atopeime cun curioso cartaz feito á man que dí: " EN EL 3ºF FALTA EL FELPUDO ".

Non podo aínda agora deixar de rir.
Máis que un roubo semella un trabalínguas.



P.D.- Agora un dos cartaces di "Firmado: El Revisor de Felpudos".
Para que despois eu proteste tanto dicindo que neste edificio todos son uns aburridos e uns carcas.

Comentários

Pois non sabía eu que fregase os pes en fibra de coco. Serei suaviño a partires de agora...

Con respecto á tua aclaración incial, direiche que me gusta bastante máis a denominación de "triangulacións púbicas" que o título do post. Non hai como relacionarse con xente con dominio gramatical (e lingüístico)

Bicos trigonométricos
Unknown disse…
Dende logo, es como un voyeur lingüístico, que cousas. Gostas das palabras que celebran ou describen o sexo, os sexos, a sexualidade, a sensualidade.

Malia todo, é unha forma de erotismo verbal moi interesante e moi pouco valorada, eu creo.

Beijos tridimensionais
paideleo disse…
A min tamén me faltou un felpudo, un adorno de Nadal da porta e unhas macetas. Hai xente que lle vale todo. Non puxo cartaz, claro, pero puxen un felpudo barateiro, esquecín os adornos da porta e deixei limpas as fiestras traseiras de macetas.

A vida é un círculo contino, tés razón. Isto vai referido ao teu comentario.

Un saúdo.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.