Hoxe (como estou algo doente e son mala de aturar) deuseme pola soidade buscada.
E nesa soidad premeditada e con alevosía púxenme a lembrarte, vaia novidade, como se iso fose algo fóra do cotiá. Non fago outra cousa dende que esperto ata que me deito. Estudio, toco, ando, como, recóllome o cabelo, limpo a casa, falo, escribo... Todo o fago para ser mellor cada día, para merecerte. Pero todo é en van.
No entiendo como podía vivir antes.
Síntome tolleita.
E procuro atoparte na realidade, tropezarme contigo anque sexa através da escrita, non só entre as fibras do corazón e o nó no estómago que me afoga.
Pero no meu buzón nunca atopo resposta ós meus S.O.S. Non perdo a esperanza (son imbécil) aínda na deriva.
Comentários
E non vou dar consellos, que so son bos para quen os da.
Eso si, bicos (suaviños)
Porque resulta que se non son imbécil, que é o que son?
(Non é pecado)
A vida é máis retorta do que as corredoiras ás veces.
Beijos de caramelo e de amorodo