Avançar para o conteúdo principal

Entrevista

Encántanme, pola súa capacidade de imaxinar, dúas profesións:

Unha é a de arqueólogo, porque a partir de pequenos fragmentos de cerámica pódese saber os hábitos amatorios dunha civilización completa, a alimentación (lóxico), a forma das vestimentas, se ía frío ou calor cando se formou o estrato, a cor dos ollos, a filosofía vital dos paisanos... (perdoade, amigos arqueólogos, os quiero).

Outra é a de periodista (perdoade os amigos periodistas que aínda me quedades a estas alturas do post): fas preguntas ás que o individuo contesta, e despois interpretas as súas respostas, como se foses protestante e leras unha pasaxe das Sagradas Escrituras.

Pois así máis ou menos como o dos protestantes (desculpas tamén a todos os protestantes do mundo) é o resultado da entrevista que me fixeron o outro día, por teléfono, claro, e mandando eu a foto, como cando tés que ir a facer cola de horas ó da poli polo carné de identidade (polo das colas do DNI da poli non pido desculpas, que son unha castaña...).

Tócate los cojones.

En fin.... Aí tendes o experimento.

(Mañá é a entrega e estou cagadiña de medo...)

Comentários

Boeno, pois xa nos contarás que tal redomaches os nervios na entrega.

(E quedouche outra profesión: a dos funcionarios; que a partires da nada...acadan e consolidan dereitos laborais exclusivos.
Ufff, que maneira máis chula teño de manter amigos entre o funcionariado...)

Saúdos e bo Nadal

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!