Avançar para o conteúdo principal

Código Poético recibe recompensa

A pesar da miña tendencia natural ó pesimismo e a pesar de que nin sequera gañei un premio do super na miña vida enteira, onte o xurado do XX Premio de poesía "Eusebio Lorenzo Baleirón" decidiu que o meu primeiro poemario Código Poético era mínimamente dixerible e hala, que gañaba eu.

Ó final si vou ter algo que celebrar no día do meu cumpreanos, maldito universo conspirador!!


Déixovos o link da noticia (teño que mercar a prensa..., nunca se sabe se este será o primeiro ou o último...).
http://www.elcorreogallego.es/index.php?idMenu=130&idNoticia=243894

(Teño que aprender a facer iso de : para ler a nova, pincha aquí.)

Comentários

Chegar ao teu blog o día do teu cumpleanos, coincidindo tamén co teu primeiro recoñecemento público cara o teu arte escrito, foi o que fixo que che deixase esta mensaxe.
Aproveitarei para, ademáis, axudarche co de colocar links co pincha aquí a xeito de agasallo virtual de cumpleanos:
Cando escribes o post, seleccionas a palabra (neste caso o aqui) e a continuación daslle ó icono que é unha especie de globo terráqueo con duas mallas de cadea. Eso abrirá unha ventaniña na que pegarás a url -link- , aceptas e listo).

Noraboa e felicitacións
Al final tienes algo que celebrar el d�a de tu cumplea�os, me alegro mucho por vos. Todav�a no he conseguido leer todo lo que enviaste por mi gran desconocimiento del idioma galego.

Beisinhos chiquilla!
Unknown disse…
Milleiros de grazas, Chousa!! Crin que nunca daría cunha cousa tan sinxela como o do hipervínculo, vaia... :)

Grazas tamén pola noraboa e por visitar o meu blogue, que dende agora é tamén un anaquiño teu. Espero que on che importe que agregue unha ligazón ao teu blogue no meu listado.

Un saúdo!
Unknown disse…
Gracias, Alberto!
Lamento que te resulte complicado leerlo, pero no te preocupes: en cuanto saquen la primera edición, la segunda va en español, la 3ª en catalán y la 4ª en vasco. O en otro orden diferente. O todo mezclado.

Un abrazo grande como la órbita de Saturno!
Navicularia tamén está linkada na Chousa. Todo un pracer.
Agora o que me gustará é que nos digas cando e onde sae publicado o Código Poético.

Noraboa outra vez!
tete disse…
Noraboa, nena!!! En primeiro lugar por cumplires anos, como din por ahí, que non está nada mal tendo en conta a alternativa :)
En segundo lugar, polo premio que sei que a túa humildade non aceptará de todo pero que os demáis sí facemos por ti. Hai publicación en vistas???
Moitos bicos e unha aperta de felicitación!!
paideleo disse…
Pois dobres parabéns: polo aniversario (unha boa idade) e por ese premio.
Un saúdo.
Unknown disse…
Graciñas a tod@s!
O premio consiste na publicación da obra e nuns cartiños, que non veñen mal. O que aínda non sei é a data de publicación nin nada diso, ver se o domingo que vén me entero de todo como mandan as leis espartanas (é que o outro día vin a peli esa dos "300" e Esparta me enerva...)XD e xavolo comunico tan axiña como poida. Estará no blogue en letras ben grandes.

Graciñas outra vez, e benvido Leo e papá.

Beijos mil
A Vista Cega disse…
Moitas felicidades polo teu premio. Espero comezar neste mundo invitandote a participar na miña pequena aventura

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!