Avançar para o conteúdo principal

A Filla da Mandrágora



Foron os días nos que chegou a chuvia.


Non había quen soubese
o segredo silencioso
do meu nacemento subterráneo
nun útero quente de terra
esterco
e barro


que se esgazou como cando se fende cun coitelo o ventre encarnado dunha sandía.
(no momento preciso)


Nos días nos que chegou a chuvia martelante.
A incesante chuvia.


Foi ela quen me deu o pulso arrítmico nas veas aéreas
estarrecidas como un calafrío de espanto


a sensación de abaixo e arriba
a visión do ceo aberto
o concerto de silencio
do meu silabario mudo.


O útero deu forma ós meus membros quentes e ásperos
nos días da chuvia
(foron os días en que eu nacín)
botándome á vida sen armas e sen coiraza e sen beberaxes:


e era eu, a filla da mandrágora.






[Do poemario "A Filla da Mandrágora" , Neves Soutelo (en proceso de edición)]

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!