Avançar para o conteúdo principal

Acto memorial Prestige

O próximo Domingo día 2 de Decembro se celebra un acto conmemorativo do Prestige no Teatro Principal de A Estrada. Consistirá na proxeción dun documental e nun pequeno recital poético.

Comeza ás 19h.

Supoño que sobra dicir que estades tod@s convidad@s.

Comentários

tete disse…
Por non estar, non estaba nin na nosa terra. Os exilios desta Asturias téñenme lonxe con sentimentos de amor-odio. As navidades presentarán unha aproximación débida ós amigos que voltan, por poucos días. É o único que me gusta destas festas hipócritas.
E ti,¿como andas? Iste annus horribilis teu está a piques de rematar. Iso che desexo. E espero que a referencia da fermosa "Columna rota" só sexa unha metáfora dura, moi dura, pero só una metáfora...
Moitos bicos, Mariola!
Unknown disse…
A ver se en nadal temos a posibilidade dese café se un día te pasas por Compostela (o alumeado das rúas é o melloriño destas datas). Quizais poidamos ata improvisar un recital :)

O annus horribilis meu non é máis que unha mancha sangrada de uvas na miña fronte :) Nada para preocuparse.

"A columna rota" é impresionante. Pero é como tí dis, non pasa da metáfora, e quizais nin tan sequera chegue a ese nivel. Pero tén tamén unha vantaxe: todo o que rompe posúe unha nova oportunidade de volver a reconstruírse máis sólida.

Grazas por ser o puntal que me soporta.

Un beijo con sabor a Decembro.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!