Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte. É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben. Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora. E que morra o conto . Viva!
Comentários
E ti,¿como andas? Iste annus horribilis teu está a piques de rematar. Iso che desexo. E espero que a referencia da fermosa "Columna rota" só sexa unha metáfora dura, moi dura, pero só una metáfora...
Moitos bicos, Mariola!
O annus horribilis meu non é máis que unha mancha sangrada de uvas na miña fronte :) Nada para preocuparse.
"A columna rota" é impresionante. Pero é como tí dis, non pasa da metáfora, e quizais nin tan sequera chegue a ese nivel. Pero tén tamén unha vantaxe: todo o que rompe posúe unha nova oportunidade de volver a reconstruírse máis sólida.
Grazas por ser o puntal que me soporta.
Un beijo con sabor a Decembro.