Avançar para o conteúdo principal
Postdamer Platz, Berlin


Parece ser que sempre atendemos a un sinal para dar unha reviravolta. Un "máis-difícil-aínda" que nos fai sentir satisfeitos e, se cadra, un pouco invencibles tamén.

Como nunha sorte de anorexia intelectual absurda que non nos deixa analisar o conxunto e nos fai conformar só ca parte que queda entre os ollos virados cara a punta do noso nariz.


A parte que se volve única, a que de verdade nos importa nese intre de felicidade suprema en que nos permitimos imaxinar a vida. A vida que desexamos cos puños pechados de ansia. A nosa vida.

Comentários

tete disse…
ese edificio parece que xa chegou ó seu porto.
qué hai de ti, mariola? acadache-lo teu? segues de viaxe interna? pecha-los ollos e ves Berlín? durmes e soñas coas rúas e as xentes que viches e viviches alí?
aqueles intres tamén foron vida. moita vida. tal vez á que te aferras.
dime...
bicos, viaxeira!
Unknown disse…
Teño unha soa certeza: que nunca deixarei de viaxar no meu interior.

Anque unhas veces poida mover os brazos e nadar en augas tranquilas e outras non teña máis remedio que deixarme levar polas correntes, mesmo cara ás rochas.

Que a viaxe sexa longa, é o que pido.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!