Avançar para o conteúdo principal
Hai un camiño retorto diante dos nosos pés magoados que se nos filtra polas feridas das prantas e das dedas, e que nos empuxa cara a unha ou outra beira. No noso sentido do equilibrio e da orientación está a maior ou menor fortuna durante este recorrido que tanto nos marea.
E é niso no que está o verdadeiramente importante. Que pode significar non saber como chegará un a comportarse nunha determinada situación (ficticia), ou non ter a certeza de tomar a decisión correcta (mentres non teña que tomarse), ou "no se que ponerme" ou qué bo tempo de praia nos vén, teño que lava-lo auto, cambieime de compañía de móbil, este ano lévanse os tonos grises no outono...?
Ás veces, temos a cabeza tan chea de paxaradas que nos distraemos dalgo esencial como é vivir. E do fermoso do sinxelo.

Comentários

tem razão. e tanta. somos tolos por esquecermos de como é sigela a vida e de como viver é singelo. não importa como orientar-se em situação imprevista.

por aqui é a primavera que chega com calores de verão e não sei como fazer quando o mundo esquenta.
Unknown disse…
Moitas veces vivimos dentro da confusión porque é un estado case "normalizado" para nós. Necesitamos vivir agoniados de pensamentos inútiles, de ocupacións estúpidas.

Que cousa!

Ánimo ca primavera! Por esta banda do mundo conformámonos co outono que comeza... (viva a vendima e as uvas maduras!!).
LALELO disse…
Tes razon sempre temos un camiño que seguir, eu considero que temos a capacidade de elexilo e ir polo camiño que nos sae do carallo, as veces se sae ben decimos que somos de puta madre e soupemos camiñar e se sae mal votamoscha a culpa a non se quen, eu penso que pra ven ou pra mal o noso camiño sempre e noso e punto e temos que defendelo sempre pra ben ou pra mal.
Un bico miña nena.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.