Avançar para o conteúdo principal
ICH BIN EINE BERLINER

Comentários

LALELO disse…
Hola disculpa a miña iñorancia, pero e a primeira vez non a ultima que te visito e non coñezo o teu pensar mais interpreto que expresas o sentimento da dor do muro de Berlin, vivin por television no seu dia o derrubamento e o certo e que o sentimento de liberdade que xenerou no planeta fou fabuloso. Un bico.
Unknown disse…
Grazas por asomarte ó meu caderno de viaxe. Berlín e o seu muro dan moito que pensar, non creas...

Espero que sigas visitando esta ínsula Barataria a cotío.
tete disse…
antes que nada, alédome dos teus días fóra, que traen aires renovados a este teu recuncho. alédome por min, por volver a este lugar. fermoso currículo, nena. cambiaron moitas cousas. e vaia regalo sentirse berlinesa :)
bicos!

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!