Avançar para o conteúdo principal
Non sei que teñen os fogos de artificio que tanto nos sorprenden e nos aglaian.

Quizais teñamos algo de abelaíñas, e as luces de cores na noite nos atraian e nos conviden de novo á ataraxia coletiva de regresar por uns intres á felicidade sinxela e completa dos meniños.


Esa que fai que "o" e "a" sexan, indiscutiblemente, as vogais máis repetidas.

Comentários

tete disse…
en ourense o barrio da ponte (en honor á ponte vella) cúbrese de luces na noite do 25 de xullo. non na véspera, coma en santiago. pero fermoso, con espirais de cores case imposibles hai anos que vin dende a ventaíña do meu coche, logo de levar a carlos á súa casa. parei a mirar e a sentir a febre da infancia, o medo do ssssssshhhiiii do foguete antes de estoupar, o medo ó estoupo, o ruido da adrenalina nas orellas logo do estoupo.
que las estrelas fosen sempre foguetes, mesmo as que xa morreron no momento de mirar pra elas.
moitos bicos. dos estralados!.