Avançar para o conteúdo principal

Lazing in a thursday afternoon...

Abúrrome.

Abúrrome tanto neste cárcere de paredes amarelas que xa non sei como pasa aínda o tempo. E me sinto abúlica.

Tanto que hoxe, rompendo coa rutina estúpida que levo, decidín traer o violino para encher as horas en branco de puntiños negros que se ordenan para formar estudos, concertos, sonatas, cancións,...

Acabouse.

Canto se me vai aclarando o camiño de néboa. Xa sei por onde facer seguir os meus pasos descarriados.

Comentários

tete disse…
a maioría dos días non falo con ninguén. explícome. teño 7 horas de cara ó público, pero eso non é falar, é búsqueda de información, nada máis. logo, meu mozo e meus pais chámanme polo móbil. iso tampouco é falar, porque non sinto as súas facianas, nen os podo abrazar, non ulo as súas peles suaves. chego á casa, miña casiña fronte ó mar e falo con el. este falar é incompleto.
por iso volto a ourense as fins de semana. para falar e romper a miña rutina de silencios.
bicos sonoros!
Unknown disse…
Eu nen sequera teño público a quen atender a maior parte da xornada, que cousas o comercio xusto.

É curioso. Non soemos conformarnos coa voz do outro lado do fío.

Eu atopei un consolo esquecido no meu violino. Cantas son as horas e os anos que nos unen nun nó gordiano sen principio nin fin.
É o mellor amante que tiven. E eu ámoo con loucura tamén.

Que felicidade fonda e fresca dá sentirse correspondido.

:)

Graciñas polos post. Alomenos sei que tí me les.

A ver cando nos tomamos algo nunha terraza en Compostela.

Beijos doces.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.