Escríboche de cando en cando, e me conformo ben así. Quizais ata che escribo sen saber ben se o fago ou non con intención de que che chegue un vento lene, como o da beira do río que hai onde vives.
Escríboche moi de vez en vez, e se cadra non son boa de conformar, despois de todo. Cheguei a pensar que non tiña nada que contarche, pero son tantas cousas as que quedan aínda. E así, unha nova carta basta para que se me encenda un nonseique no fondo dos ollos e no centro do corpo todo.
Que a correspondencia pase a ser unha necesidade case tan apremiante como respirar forte, ata que as ventas do nariz teñan que abrirse tanto que doan.
Que fermoso segue sendo (sempre) o correo tradicional, de papel cadriculado e sobre e selo.
Como botaba de menos a pregunta "normal ou urxente?", o sabor medio doce medio asqueroso do pegamento da solapa do sobre na miña língua, a palabra remitente.
Como te botaba de menos sen sabelo certo.
Hai cousas que non pode levalas (nin se atreve) o tempo.

Comentários
moitos bicos, rula!!
pd: realmente non só es fermosa por dentro. tamén por fóra :)