Avançar para o conteúdo principal

Case non lembraba o gustiño que dá pasarse horas e horas tocando, sen ninguén que me moleste nin me interrompa.

Estou recuperando as ganas de vivir :) E a dureza nas puntas dos dedos.

Creo con máis firmeza no que quero para esta vida.
Haina que ir tecendo e destecendo, como Penélope, como as polifonías interminables das partitas de Bach.
Cos dedos seguros e firmes e atendendo á intuición.










Comentários

tete disse…
porei bach esta tarde, mentres mire ó mar.
Unknown disse…
Bach ou Paganini, ou Massenet, ou Smetana, ou aínda Win Mertens ou Tiersen.

Ao mar todo lle cae ben.

Dalle recordos da miña parte.
tete disse…
pois se o deixas a miña elección, caerán yann tiersen e george winston.

para apacigualo, que ven revolto.

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!