Avançar para o conteúdo principal

Kafkiano


Son o bicho de Kafka.

Que doorosas e imprevisibles son as metamorfoses.

Chegan cando menos contamos con elas.
Nos vacían.
Nos moen a paus, a conciencia.
Non deixan ningún resto do que somos antes, nin sequera o cascallo vello que nos daba o ser; máis nada que a intención de manter aínda a memoria do vivido.

Escoito a agulla tictac do segundeiro, e penso en que teño moi mala memoria. Por eso ás veces repito os mesmos erros.

Que o erro máis flagrante agora é non ser capaz de recoñecerme en mín mesma cando me palpo a faciana cos dedos.

Mais sei que son eu.
Esa é a maior certeza que conservo.
Porque non hai ningunha outra resposta posible.

Comentários

BostofiliA disse…
Mudar de pel....e de alma, son estadios necesarios na existencia e achegarse a todos é tocar o paraiso. Cousas do azar ;)
Unknown disse…
Graciñas polo post. Véxote moi favorecida na foto...Os anos non pasan por tí :)

Tés un post de volta no teu lar.

Saúdos mornos.
tete disse…
dixeron unha vez: o peor non é que a xente cambie, senon que se esquecen de nos avisaren de que cambiaron.
sip.
gústame o teu blog.
dende castropol - asturies, con ourense no corazón.
Unknown disse…
Tete, agradezo o teu post. É certo, ás veces nos esquecemos de avisar dos cambios, pero son tan sutís na forma que apenas afectan ao contido. :)

Graciñas por facer de meu blogue un espezo algo máis extenso.

Saúdos.

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.