Son o bicho de Kafka. Que doorosas e imprevisibles son as metamorfoses. Chegan cando menos contamos con elas. Nos vacían. Nos moen a paus, a conciencia. Non deixan ningún resto do que somos antes, nin sequera o cascallo vello que nos daba o ser; máis nada que a intención de manter aínda a memoria do vivido. Escoito a agulla tictac do segundeiro, e penso en que teño moi mala memoria. Por eso ás veces repito os mesmos erros. Que o erro máis flagrante agora é non ser capaz de recoñecerme en mín mesma cando me palpo a faciana cos dedos. Mais sei que son eu. Esa é a maior certeza que conservo. Porque non hai ningunha outra resposta posible.
Es gibt kein Haben, nur ein Sein, nur ein nach letztem Atem, nach Ersticken verlangendes Sein. [F. Kafka] Non existe o Ter, senon o Ser, un só Ser esixente ata o último alento, ata o afogo [F.Kafka]