Avançar para o conteúdo principal

Clandestinidade

A sensación non é nova, pero sí distinta.
A friaxe inmensa, e este calor súbito, como unha chama viva que recorre as canles difusas do pensamento nas miñas sens.

A forza toda para enfrontarse neste antagonismo eterno a un mesmo, e máis.
Malia que non sexamos capaces de asumir que a vida é unha guerra contínua, sen cuartel, sen treguas, sen reféns.

E que termos esa certeza, por máis absurda que poida parecer, tampouco resulta tan malo.
Dunha forma ou outra, estamos abocados a un mesmo destino.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!