Avançar para o conteúdo principal

Meditación

Unha persoa que coñecín hai xa algúns anos (en plena adolescencia) regaloume as chaves para levar unha vida mínimamente coherente, con respecto a min mesma e ós outros.

Díxome:

Primeiro: Sabe que haberá momentos esenciais na túa vida nos que deberás manter a boca pechada.
Segundo: Non digas o que non sintes.
Terceiro: Non prometas o que non poidas cumprir.

A ironía de todo esto é que el non foi capaz de seguir o seu propio consello. Nin eu tampouco.
Que cousas...

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!