Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

Así que pasen seis anos

Así que pasen seis anos esqueceremos a auga. Non haberá cabaliños azuis de vidro brillando nas fiestras nin cancelas oxidadas nin flores de pétalas amarelas nin pontes entre os abismos. A luz do sol será unha lanterna estúpida con papel-seda de cor verde escurecido volvoreta de ás de coitelo na garganta/para non berrar os nosos nomes ca desesperación das baleas que agonizan. Así que pasen seis anos xa non saberemos de nós /mágoa/ nin das follas estradas nas carballeiras como cadáveres ríxidos entre os lenzos/sobre o leito frío /abandonados. Así que pasen perderemos o senso do Norte a diagonal dos beixos toda esa cinsa. Non quedarán lugares seguros/para escondernos deste medo e do escuro e da soidade en ningures. Nin sequera nos abrazos. Porque os anos buscaránnos con avidez para reclamarnos as horas que perdimos intentando atopar en ollos alleos a resposta a nós mesmos fóra de nós. Así que pasen seis anos preguiza e desterro sempre. Que camiño queda despois de todo isto, dimo ti /se é...

Ata aquí non se remata

Frase mítica e críptica, si, ñoras y ñores (seguro que ningún dos e das que me ledes sabedes de que vai o tema, pero non me importa, eu si, y me parto ..., forma parte das cousas da miña maleta). Ata aquí, a andadura máis longa no Parador. Xa me chamarán de novo, así son las cosas y así se las hemos contado. De todas formas, me saiu choio (se acepto) para o finde polas tardes. Aínda estou esperando que me chamen de vólta. Pffff... ou era rinnnnnnnnnnnnggggggg !?

Un día máis

Xa só un día máis. Por que non engancharei un contrato regular? Hoxe fixen tantas camas que posiblemente soñe con elas na sesta. Espero poder recuperarme do shock :D E espero que me chames e nos vexamos e falemos, teño fe. E paciencia. E unha felicidade inmensa porque Benedetti tén novo libro no mercado . Haberá que engadilo á miña biblioteca que, como un fillo mimado, vai medrando pouco e pouco (grazas de novo, Carlos). [Foto de "La Voz de Galicia"] Hoxe sona.- Baby, I love your way , de Peter Frampton

Primeira semana completa

Si, ñoras y ñores. Esta semana vén cargadiña ata as orellas de traballo no Parador e aí estou eu, dándolo todo . Deixarei as puntiñas dos dedos nas camas con dosel ( quen carallo os inventaría?? ) e os xeonllos quedaránme negros de darme golpes coas bañeiras. Pero as endorfinas e dopamina que o meu organismo segrega como un tolo compensa todo o esforzo. E a sesta ata as cinco. E os paseos pola zona vella. E pensar en tí.