Avançar para o conteúdo principal

Ata aquí non se remata

Frase mítica e críptica, si, ñoras y ñores (seguro que ningún dos e das que me ledes sabedes de que vai o tema, pero non me importa, eu si, y me parto..., forma parte das cousas da miña maleta).

Ata aquí, a andadura máis longa no Parador. Xa me chamarán de novo, así son las cosas y así se las hemos contado.

De todas formas, me saiu choio (se acepto) para o finde polas tardes.
Aínda estou esperando que me chamen de vólta.


Pffff... ou era rinnnnnnnnnnnnggggggg!?


Comentários

Anónimo disse…
Agora choven as ofertas de traballo. Supoño que é algo bom.

Escollas o que escollas, faralo ben

Beijos doces

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!