Avançar para o conteúdo principal

Primeira semana completa

Si, ñoras y ñores.

Esta semana vén cargadiña ata as orellas de traballo no Parador e aí estou eu, dándolo todo.

Deixarei as puntiñas dos dedos nas camas con dosel (quen carallo os inventaría?? ) e os xeonllos quedaránme negros de darme golpes coas bañeiras.

Pero as endorfinas e dopamina que o meu organismo segrega como un tolo compensa todo o esforzo.

E a sesta ata as cinco.
E os paseos pola zona vella.

E pensar en tí.

Comentários

Anónimo disse…
Intenta durmir e descansar, que o necesitarás.

A mim facíanme falla bastantes endorfinas para poñerme a tope ;)

Beijos milleiros

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!