Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

Cando volve a chuvia

Cando volve a chuvia, vaste. Chegas con ela, marchas con ela. Supoño que cando o vento cambia non podes ficar en ningures. Nin sequera aquí comigo no arrolo maino do meu peito. Alomenos, quédame a palabra que non che dixen por se fería de máis os nosos corpos cansos os nosos beizos besbellantes como un canto de berce que se repite sempre cravada na fronte e nas mamilas secas estigma como un berro que se eslúe esvarando nos cristais entre pingueiras adormecidas. [De "Así que pasen seis anos" , poemario inédito, M.N. Soutelo] B.S.- The heart asks the pleasure first , Michael Nyman, do filme "O piano" , Antes , de Jorge Drexler e Agua , de Jarabe de Palo Pasión y ley, difícil mezcla, agua y sed, serio problema. Cuando uno tiene sed Pero el agua no esta cerca, cuando uno quiere beber pero el agua no esta cerca. Qué hacer?, tú lo sabes, conservar la distancia, renunciar a lo natural, y dejar que el agua corra.

Fin de contrato

Para todo hai un tempo. E o contrato rematou. Agora, tomarei alento. Descansarei. As relacións contratuais son difíciles de levar ás veces. Un nunca acaba conforme por completo. E eu, parafrasándote, nunca me conformo con nada . Hoxe sona.- What is it about men , de Amy Winehouse. I'm nurturing, I just wanna do my thing and I'll take the wrong man as naturally as I sing and I'll save my tears for uncovering my fears for behavioural patterns that stick over the years It's bricked up in my head, it's shoved under my bed and I question myself again: what is it 'bout men? My destructive side has grown a mile wide and I question myself again: what is it 'bout men?

O traballo ou a vida

Como dín nos filmes de bandidos: a bolsa ou a vida. Eu cambio hoxe o da bolsa (que anda bastante exigua no meu caso) por " o traballo ". Tamén é certo que hai traballos e traballos: hai algúns que fan completa a nosa existencia e hai outros que nos van murchando de pouco en pouco. Non podo co corpo hoxe, pero teño a alegría feliz. E iso, por pouco que poida parecer, xa me basta.

Tic tac

O tempo vai pasando, conta atrás ou suma, sempre depende da perspectiva. Concéntrome nese irse indo. Non teño apetito, nin falla del, nin impaciencia, nin sono, nin mágoa, nin ledicia. Alomenos, terei convidado na casa, ledicia anovada que entra pola porta e polas fiestras. Que permaneza un anaquiño. Que permaneza. Hoxe sona.- Shattered , de The Cranberries I'm trying to control myself So please don't stand in my way I've waited for the longest time This is what I wanted in my way Move over, move over There's a climax coming in my way [...] Please, don't stay in my way.

Deliciosa xornada de sol

Como xa dixen no post anterior, hoxe tocaba praia. E o máis marabilloso, ademáis do sol, do olor e do son do mar é ESCRIBIR. O relax do lugar permitiume dar azos ás palabras. E aquí volas deixo. TRES POEMAS DE MAR E SOMBRA 1. Dóeme o peito árbore que medra. Corto a garganta para calar para beber o sangue quente ata vaciarme /aliméntome. Non importa o vento do mar que me arrinca o orgüio e me golpea o corpo con agullas a lategazos. Porque, se cruzo os dedos sobre a carne aberta/ mar escumado/ ponte aínda sinto a respiración axitando as costelas. 2. Non pidas beber do manancial agrio das areolas escurecidas das miñas tetas porque xa non teño paciencia/ nin calor nin forzas /criança para sosterte entre os brazos que xa nin a min mesma me rexen. 3. Non fagas que me choren os ollos a luz da mañá fere as paredes do cuarto. Deixa que durma un anaco máis / cotiá inconsciencia voluntaria mentres te vas indo recolle todo o teu e pecha con coidado a porta en silencio. Hoxe sona con estes poemas.-...

Día de praia...o domingo

Xa me estou frotando as mans! Mañá, toca día de praia, perfecto! Sen Operación Bikini , sen moreno de raios UVA, con umbrella e con protección alta para o sol, ademáis do meu vestido hyppie que xa soportou todas as edicións do festival de Ortigueira ás que fun. E o sombreiro. Adoro os días de praia. Buscar historias nas cunchas, remover os dedos entre a area, mollar as coxas, a face, probar o sabor salgado da auga fresca coa língua nos meus beizos... Flotar... Adoro os días de praia, a anarquía calculada das horas. A brisa mareira, beijo de iodo, no meu cabelo alourado.

Comeza o agobio

Hoxe comezan as Festas do Apóstol, e xa me sae a xente pola punta dos pelos. Vou pasar toda a semana lonxe de aquí, ou na casa. Sairéi para o mínimo imprescindible: mercar comida, ver a algún/algunha amigo/a..., máis nada. Só de pensar nas greas de persoas invadindo a zona vella éntranme suores fríos. Nestes días só penso en ESCAPAR!! Praia e faro de Carnota [A foto vén de aquí ] Hoxe sona.- Struggle for pleasure , de Wim Mertens