Avançar para o conteúdo principal

Pantone




Hai días como lousas. 

Caen sobre nós con todo o seu peso, esmagándonos.

Hai días nos que nin sequera son quen de imaxinar que demos pode ser iso da felicidade.

Días-pantzer.

Días-kalashnikov.


En días como hoxe, só quero pechar forte, forte os ollos e os puños e explotar, arrasalo todo. Porque deixo de verlle o sentido ao cotián, ao esforzo constante por manter todo vivo, porque xa non me queda máis leña, máis combustible que queimar para que a maquinaria siga funcionando baixo mínimos, sequera. Son días-inanición. Días-formateo. Días-adeus.

Un puntiño que escintila e se apaga, sen ruído. Pluff. 

Pero, que máis ten? 


Só un puntiño. Tan pequeno, tan breve, tan fugaz... Quen podería botalo en falta?


 Hoxe soa.- Silence, de Dave Thomas Junior

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!