Avançar para o conteúdo principal
Flor Garduño

E así son:
a muller salvaxe que mora no profundo da floresta.

As especies que me poboan
adquiren formas tan diversas:

os cadernos esborranchados
a biblioteca do cuarto de arriba
o exemplar da mesiña de noite
algún instrumento por afinar de novo

o invernadoiro aberto das glicinias

as caixas de lata gastada
en que fun gardando
anacos de entradas de cine e de teatro
álbums de fotografías vellas
pequenos recortes de prensa sen data

cunchas e area

un reloxo de peto sen corda
frases soltas en anacos de papel arrincado
o folleto dunha viaxe ou dun museo

pólas de lavanda
bolígrafos coa tinta gastada
carretes de fío e agullas
madeira das mareas de inverno e pétalas secas de olor.

As cicatrices.

Vivimos todas na escuridade
nunha frondosa luz azul
intensa.

Xa non teño -aquí- medo de nada:

só de que alguén
algún día
me re-habite.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!