Avançar para o conteúdo principal

Mensagens

A mostrar mensagens de janeiro, 2014

O principio

Simultáneo kilt e radiografía quebrada... Abrir un dos cadernos que uso como diario e ler os primeiros versos de todo isto. Remexerme con certa incomodidade no asento, e pensar en qué podería cambiar todo de non ser escritos, de non escribir, de non terme atrevido a facelo, de ficar calada e inmóbil e deixar pasar a oportunidade dun café sinxelo e sobrio , dun corto de cervexa, dun viño de Porto. Dun filme, dun paseo, dunha conversa, dunha tarde deitados ao sol na herba, dunha lectura e un cigarro compartidos. De todo o que veu despois. A memoria condénsase apenas nunha pelotiña pequena e pesada, para que eu poida apertala dentro do meu puño. Para que poida percorrela sen medo e facela rodar.

Colossus

Gardo un monstro dentro que non sempre adormenta. Percórreme – ás veces dunha furia viscosa e sucia ás veces dun lume hostil que devora as noites. E fai caír a luz no prato e na sombra E a miña voz resoa – e somos, de sócate, un monte aberto. Pero nada se derrumba e cos meus ollos mírame en silencio – como se, en realidade, fose el, inimigo, o único punto no que apoiarme.