Avançar para o conteúdo principal

Colossus



Gardo un monstro dentro
que
non sempre
adormenta.

Percórreme –
ás veces
dunha furia viscosa
e sucia

ás veces
dun lume hostil
que devora as noites.

E fai caír a luz
no prato
e na sombra

E a miña voz resoa –
e somos, de sócate, un monte aberto.

Pero nada se derrumba
e cos meus ollos mírame en silencio –
como se, en realidade,
fose el, inimigo,

o único punto
no que apoiarme.

Comentários

Mensagens populares deste blogue

Penso e penso e penso, e por máis que o faga, non atopo ningunha boa razón pola que escribir. O certo é que quizais tanto tén, non creo que teña un gran talento, nin tan sequera un talento, nin "un". Que rabia dá cando comezan a caer os mitos.

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!