Avançar para o conteúdo principal
Erguínme disposta a cambiar todo. A mover todos os meus peóns nunha xogada suicida.

A escribirche.

O cursor aínda palpuxa na pantalla en branco.
Míroo, bloqueada. Aterrorizada.

Sempre me quedo sen nada razoable que dicir(che).

Terrible certeza, cando desfarás este nó do meu peito?

Comentários

Anónimo disse…
Disse ela: O quê faz essa parte de mim palpitando no ecrã?
Quando foi que se confundiram meus mundos e seus tempos?
Disse ele: Guardas ainda a memória do que não aconteceu?
Ou só lendo as tuas linhas lembras o que deixas-te de ser?
Disse ela: Reconheces-me ainda? Achas-te os retalhos que
bordamos juntos no dia após do amanhã? És realmente tu?
Disse ele: Não foste tu quem me apresentou ante o espelho?
Não sou eu quem palpita também sumido no fundo do ecrã?

(E intertextualizando RCC)
Neves disse…
Es tí tamén. Acredito. Lembro en cada liña o que deixei de ser e xa nada me comprace.

Es tí tamén.
Nesa intersección indefinida.

Mensagens populares deste blogue

Antes

Houbo un tempo, moi ao comezo de todo. Soía subir unha entrada a este blog a diario, ou case. Soía ter quen me lera. Soía ser un pouco máis salvaxe e divertida. Soía ser máis nova, como di Miley Cyrus na súa canción.  Pero pasou o tempo, a vida comezou a tornarse máis adulta, máis agobiante e aburrida. Máis de declaración da renda, de taxas da auga e do lixo. Máis de afogo. Da fugacidade voraz do calendario.Da friaxe. De mirar ben as ofertas do súper e de menos xenebra. Eu convertínme, pouco a pouco, nunha persoa máis vella, máis agobiada, máis frustrada. Monótona. Aburrida. Todas as promesas foron mudando noutra cousa, pesada e gris, e en caixas e caixas de pequenas pílulas brancas. Se as colocase unha detrás doutra en ringleira, é pouco probable que deran a volta completa á Terra. Pero si poderían encher, alomenos, un cuarto da miña casa. Non un demasiado grande, non un dos máis pequenos. Do chan ao teito. Caerían -como o chorro esvaradío de grao ao retirar a portela dun silo, co...

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva!