Avançar para o conteúdo principal

Nas ás do vento

Sinto a forza das correntes cálidas no meu costado, chamándome ó ar.
Ulo o agrio do leite acabado de muxir, escoito o canto das montañas e da herba verde na pradería.

O meu peito ábrese en lilás, mana o silenzo da palabras.
Preparo o altar, recito as beizóns para o novo día, acomodo o meu sorriso sobre a pel antes do
tránsito.
Esterrico os brazos e pecho os ollos.
Xa non sinto soidade nin tristura.
É o momento, irmá.


Comentários

Xan disse…
Xa estás preparada para que comence a ceremonia........
Arela disse…
lilás é unha cor?
Unknown disse…
Refería as flores...pero todo pode ser, supoño.
I este magnífico xardín, anda así de pouco regado pola túa escrita?
Moi perguiceira me andas, Marioliña; ou seica floreces por outros parterres?
Unknown disse…
Florezo pouco ultimamente, é certo, Chousa. Cousas do frío, que todo o ralentiza. Pero, aínda baixo da neve, escribo e alento.

Apertas!

Mensagens populares deste blogue

Fraseoloxía fútil

Odio as frases feitas e esa falsa condescencia que toma a apariencia de consello ben intencionado e de preocupación real polo benestar do outro. É(che) o que hai. Dálle tempo. Só tés que relaxarte.  É cuestión de mentalizarse. Non tomes todo tan a peito. Dígocho polo teu ben.  Non hai mal que cen anos dure. A lista medra cada día, cada mes, ano tras ano. Na xusta medida proporcional na que a miña paciencia e o meu estómago minguan. Será isto a madurez? Quedaría polo camiño, ulindo as flores, como unha sorte de Peter Pan? Sabes que? Vou tomar todo con moita calma, relaxarme, mentalizarme, soltar as mans, abrir ben o peito para que non tome nada máis que o necesario e asumir que toda a condescendencia da fraseoloxía fútil se evapora.   E que morra o conto .  Viva! 

Bonito

Hoxe non é un día bonito. Nin o quere ser. Malia que vai sol, que vai frío, que merquei un vestido de punto gris nas rebaixas. Hoxe non me apetece nada. Non recibo as novas que quero, ou que estraño, e non podo seguir. Hoxe só me apetece meterme na cama e durmir. Agochar a cabeza dos monstros entre os lenzos e o nórdico e pecha-los ollos forte forte para non terlles medo. Hoxe non é un día tan bonito como parece dende fóra dos meus ollos pero sentareime nun banco a comer pipas, con algún poemario de Benedetti no colo, a ver como xogan os nenos.